martes, 23 de junio de 2009

Basi e Mosi




Estes son Basi e Mosi, meus pais, xa sei que todo o mundo lle quere moito os seus pais, eu ós meus tamén por suposto, moitísimo.

A historia de Basi e Mosi está chea de amor e sufrimento, pero sobre todo de amor. Ese amor que fai que sigan xuntos case toda a vida, ese amor incondicional que a pesar de todas as suas diferencias os mantén xuntos despois de 59 anos de matrimonio.

Agora teñen que pasar unha proba moi dura, porque teñen que operar a papá e a pesar de que pasou por cousas moi graves esta é unha situación moi delicada na que se pon moito en xogo, mellor dito, todo. Pero estamos aquí, esperando cos dedos cruzados para que todo saia ben e que poidamos seguir sendo a familia que somos por algúns anos máis, cos nosos defectos e coas nosas virtudes, pero todos xuntos.

Hoxe as 12 da noite da noite especial de San Xoán, donde todo é máxico escribo estas líneas porque creo que me fan ben, porque se realmente esta noite é a noite dos desexos, eu pido que todo saia ben, por favor, que este sexa outro paso máis para adiante, para seguir todos xuntos.

Aquí queda a miña petición, como dirían en "Cañas y Barro" "se lo diré al viento por si alguien quiere oirlo"


Bicos e feliz noite de San Xoán a tod@s