sábado, 18 de julio de 2009

MODO "ON", O RLY?... YEAH RLY



















Despois de moito tempo, por fin estou outra vez en activo. Despois de pasar por un estado de ansiedade en do maior e de esperar no hospital durante horas e horas... despois de que todo saira ben e a uns días de que meu pai volte para a casa, por fin poiden disfrutar de boa música en directo e quedarme con ganas de máis.

Onte en Castrelos actuaban Keane e para min foi un concerto xenial ^_^ cada día gústame máis miralos en directo, son fantásticos. Espero que o concello de Vigo siga traendo boa música para poder disfrutar dese precioso escenario que é Castrelos.

Boa música, boa compañía e camiseta de concerto ;-) agora sí podo decir que chegou o verán (aínda que chova). Dentro de duas semanas Paredes de Coura ^_^