jueves, 29 de octubre de 2009


HOSPITAL PÚBLICO XA!!!


UN POUCO DE HISTORIA…………


As necesidades de atención hospitalaria dos máis de 600 mil habitantes
da comarca de Vigo víronse desatendidas desde que o Hospital Xeral quedou
pequeno a principios dos anos 70. Desde entón, os intentos de dar satisfacción
a esas necesidades, víronse frustrados pola influencia que tivo un coñecido
hospital privado da nosa cidade, que temía no desenvolvemento da sanidade
publica, unha diminución da súa influencia e do seu negocio sanitario.
Así se renunciou nos anos setenta a ampliar o hospital Xeral nos
terreos situados alén da rúa Vázquez Varela, e nos oitenta frustrouse que o
hospital do Meixoeiro fose o gran hospital que estaba programado, quedándose
insuficiente xa no momento da súa inauguración.
O resultado destas carencias de camas e de servizos foi que este
hospital privado, recollese os froitos do que sementou, conseguindo a atención
dos mais de cen mil habitantes do Morrazo, de barrios de Vigo e do Val Miñor,
atención que o SERGAS paga.

Unha situación insólita en España

A DEMANDA DUN NOVO E GRAN HOSPITAL.
Desde finais dos anos noventa a Plataforma para a Defensa da
Sanidade Publica de Vigo liderou a oposición a MEDTEC, e a demanda dun
novo gran hospital en Vigo que acabase coa dispersión da atención en varios
centros, devolvese á cidadanía atendida no hospital privado o dereito a ser
atendida nun moderno hospital público, mellorase a calidade da atención, e da
importante investigación, especialmente das enfermidades cancerosas que
carecen dun centro líder en Galicia.

O NOVO HOSPITAL, LISTO PARA INICIAR AS OBRAS.
O anterior goberno disolveu MEDTEC e deu os pasos imprescindibles
para dar satisfacción, por fin, tras case cincuenta anos, a esa xusta e sentida
demanda.
Ao chegar á Xunta o equipo do PP, o NOVO HOSPITAL de VIGO
estaba listo para que se licitase o concurso para a súa construción.

UN HOSPITAL NECESARIO, DESEÑADO POR QUENES SABEN.

Foi planificado conxuntamente cos arquitectos por médicos,
enfermeiras e persoal administrativo de todos os servizos.
Pode dicirse que por primeira vez en Galicia, o futuro Novo Hospital de
Vigo, era o resultado do consenso e da suma de vontades.

UNHA GRAN FRUSTACIÓN E ENGANO Á CIDADANÍA VIGUESA.

Agora o novo equipo de goberno frustra novamente estes desexos e
realidades recortando o novo hospital –eles din mellorándoo- e someténdoo
novamente, de varios xeitos, aos intereses do coñecido hospital privado.
¿Atreveríase a Consellería de Sanidade a promover isto mesmo en A
Coruña ou en Santiago?

O NOVO HOSPITAL SERÁ MÁIS PEQUEÑO.

Cunhas 380 camas menos das do proxecto aprobado, teremos unha
carencia que obrigará aos usuarios da comarca a continuar dependendo do
hospital privado, a pesar de ter os mesmos dereitos que o resto dos usuarios de
Galicia.
O negocio da saúde que se perpetúa agora no século XXI.

NON SERÁ UN HOSPITAL CENTRAL.

Un gran hospital só debe ter un gran servizo de urxencias para ser
tal. E o novo plan admite que os usuarios da Sanidade Pública ingresen por
outro servizo de urxencias no hospital privado.

MANTEÑEN A ACTUAL DISPERSIÓN.

No lugar dun gran hospital, manteñen pequenos hospitais, algo
negativo que o goberno disfraza de positivo chamándoo modelo de
“multihospital”.

NON SÓ PEQUENO E INSUFICIENTE ……….. TAMÉN PRIVATIZADO

A pesar de que o goberno saínte orzamentara o hospital e dispuxera
que o seu pago o efectuáse a SPI (Sociedade Publica de Investimentos), a
Xunta agora alega que non ten diñeiro.
Teno para continuar proxectos de dubidoso interese como algún
superporto, para a Cidade da Cultura, para o ensino privado, pero ten a
impudicia de afirmar que non o ten para o Novo Hospital de Vigo.
ASÍ QUE NON HAI DIÑEIRO PARA A SANIDADE………?.

Néganllo á infraestrutura sanitaria máis necesaria de Galicia desde hai
moitos anos. Unha escandalosa mostra da discriminación á que se somete á
cidadanía que mais impostos achega ao goberno de Galicia. O diñeiro do Novo
Hospital de Vigo lévano entregando desde fai anos, día a día vía impostos, os
empregados, os profesionais e as empresas da nosa industriosa e
emprendedora comarca.

Ti, eu e…todos….. Pagámolo xa e esixímolo xa.

A COBIZA DA SANIDADE PRIVADA E A COMPLICIDADE DA XUNTA.

O que realmente sucede é que o recorte de camas que lles asegura o
negocio privado, parécelles aínda insuficiente. Desexan que o financiamento e
a propiedade privada do novo hospital incrementen aínda máis os beneficios
privados, a expensas dos fondos que por impostos achegamos nós, e os que
achegarán durante anos os nosos fillos e fillas.

Por iso pon á fronte do SERGAS a unha persoa do equipo desa
empresa privada: A raposa ao coidado das galiñas.

QUE SIGNIFICA A PFI OU INICIATIVA DE FINANCIAMENTO PRIVADO?.
Pretenden que o hospital o constrúa una asociación de empresas
constituída por un banco, unha gran construtora e unha empresa sanitaria da
comarca.

A estas empresas o SERGAS pagaríalles unha elevada cantidade ao
longo dos trinta anos seguintes á súa inauguración. Multiplícase así o custo
estimado de 360 millóns de euros por unhas seis ou sete veces, ata un monto
total superior aos 2.500 millóns de euros. Durante todo ese tempo o hospital
non pertencerá ao SERGAS, que estará como alugado.

MAIS CARO, MAIS TEMPO E ENCIMA……….. NON É NOSO.

Este xeito de dar diñeiro á iniciativa privada empezou no Reino Unido e
denomínase PFI ou Iniciativa de Financiamento Privado e foi importado polo
goberno de Esperanza Aguirre á Sanidade Pública madrileña. Con tan
desastrosos resultados para a atención sanitaria e as arcas públicas, como
estupendos para os intereses privados.

E PORQUÉ É PREXUDICIAL A PFI PARA OS USUARIOS E PARA A
SANIDADE PÚBLICA?.

Ao longo de polo menos trinta anos ampliables a sesenta, unha gran
parte dos fondos sanitarios destinados á atención, serán desviados para pagar
aos propietarios privados do hospital uns enormes canons ou intereses. Haberá
menos diñeiro para persoal médico, para enfermería, para renovar o
equipamento, para a atención aos pacientes en definitiva, ...

Cada vez que o SERGAS precise mover un tabique, os donos do
hospital porán problemas. E cada problema só ten unha solución: máis diñeiro.
A experiencia do Reino Unido demostra que a calidade da Sanidade
Pública se desmorona. Algo que a sanidade-negocio necesita para
estimularnos para acudir a ela.


MANIFESTACIÓN
XOVES 29 DE OUTUBRO AS 20 HORAS NO CRUCE DA GRAN VÍA CON URZÁIZ TEMOS UN MES, ANTES DE QUE OS ORZAMENTOS DE 2010 SEXAN DISCUTIDOS NO PARLAMENTO DE GALICIA, PARA
SALVAR O PROXECTO DO NOVO HOPITAL.

SE NON É ASI, É QUE SE ENTREGA O NOVO HOSPITAL Á INICIATIVA PRIVADA.

APOIA AGORA AO TEU HOSPITAL ACUDINDO Á MANIFESTACIÓN, ALGÚN DÍA O HOSPITAL AXUDARACHE A TI

domingo, 11 de octubre de 2009

"SIMPLEMENTE RESPIRAR"


















JUST BREATHE/PEARL JAM


Yes I understand that every life must end, aw huh,..
As we sit alone, I know someday we must go, aw huh,..
I’m a lucky man to count on both hands
The ones I love,..

Some folks just have one,
Others they got none, aw huh,..

Stay with me,..
Let’s just breathe.

Practiced are my sins,
Never gonna let me win, aw huh,..
Under everything, just another human being, aw huh,..
Yeh, I don’t wanna hurt, there’s so much in this world
To make me bleed.

Stay with me,..
You’re all I see.

Did I say that I need you?
Did I say that I want you?
Oh, if I didn’t now I’m a fool you see,..
No one knows this more than me.
As I come clean.

I wonder everyday
as I look upon your face, aw huh,..
Everything you gave
And nothing you would take, aw huh,..
Nothing you would take,..
Everything you gave.

Did I say that I need you?
Oh, Did I say that I want you?
Oh, if I didn’t now I’m a fool you see,..
No one know this more than me.
As I come clean.

Nothing you would take,..
everything you gave.
Hold me till I die,..
Meet you on the other side.