domingo, 10 de mayo de 2009

Pode un corazón apagado encenderse outra vez?


Pois sí, pode, pero con reservas, desconfiado,e deste xeito é moi difícil que algo funcione, deste xeito a desconfianza, a inseguridade cobra máis importancia, ten máis poder a hora de tomar decisións. Creo que, chegado o caso, eu non son a máis indicada para falar, xa que me deixo levar sempre por as eternas preguntas.. ¿e si...?

¿Por qué? porque xa non temos o ímpetu de antes de que nos dañaran, porque sempre temos presente que pode sair mal outra vez, xa sei que vale máis arriscarse e perder, que non facer nada e arrepentirte e perder a oportunidade. Pero eu son así, non podo cambiar, o medo o rechazo sempre estará presente, por iso desde aquí, quero deixar claro que se depende de min, nunca pasará nada.

Atentamente,

eu mesma ;-)



1 comentario:

  1. Bueno, xa me coñeces, e sabes que eu ata agora era máis dada a lanzarme de cabeza primeiro e despois comprobar se había auga (ou directamente se había piscina). Pero coma todo, a experiencia e as circunstancias obrigan a crear coiraza, eu aínda estou creando a miña.
    Só espero que non se volva impermeable, porque ás veces deixar que pase algo tamén senta ben, aínda que asuste ao principio.

    ResponderEliminar