jueves, 7 de mayo de 2009

Por qué


Porque é moi difícil sorrir cando che tocan as pelotas de seguido,
porque é moi fácil dar consellos cando o que os da non ten que facer nada,
porque todos somos moi fortes cando non estamos na pel dun mesmo,
porque para vivir moitas veces toca sufrir,
porque a pesar de sufrir seguimos andando e seguimos tratando de aproveitar os bos momentos para sorrir,
porque aínda que hai alguén que pensa que "temos o que merecemos" eu non estou dacordo en absoluto con esa teoría,
porque non só non merecemos sufrir, é totalmente gratuito todo o sufrimento que te apreta e te asfixia,
porque aínda nos queda moito por sufrir
porque a pesar de todo, de non entender nada, acatas todo o que che tiren enriba e aínda temos arranque para decir que "podía ser peor",
porque hoxe non teño un día moi bo e necesito desafogar,
porque estou farta da xente que só pensa en sí mesma.

Porque será mellor que pare de escribir para que non vos cause unha dor de cabeza a vos que non tedes culpa de nada... ;-)

2 comentarios:

  1. Mentras conservemos as ganas de seguir cós por qué, os porque levanse mellor, polo menos que non nos quiten as ganas de loitar e de non tragar sin decir aquí estou eu.

    É dificil que causes dor de cabeza, e menos por cousas como esta ;)

    Bicos con brazos

    ResponderEliminar
  2. Somos tía e sobriña por algo, esta claro.
    Eu levo dous anos facendo exactamente o mesmo, pero no meu blog. Desafogar escribindo é unha das miñas terapias favoritas... e coido que nunca vos pedín desculpas por ter que lelo :)

    ánimo!

    ResponderEliminar